31 oct 2011

O GRAN LIBRO DOS MEDOS do RATO PEQUENO

Acabo de descubrir este libro moi apropiado para esta época  :
 O GRAN LIBRO DOS MEDOS do RATO PEQUENO.

Da  Autora e ilustradora-Emily Gravett, na Editora-Patas de Peixe.
Quen de nosoutros non ten medo? A cantos non se nos poñen os pelos de punta segundo o que lemos ou o que vemos por aí?
Como se di ao comenzo deste libro:
"Todo o mundo lle ten medo a algo. Vivir con medo pode facer que mesmo a persoa máis valente se sinta pequena".
Pero lembrade que:
 " UN MEDO ENFRONTADO É UN MEDO VENCIDO".
Por iso vos recomendo a lectura deste orixinal libro, onde cada páxina esconde unha trampa, un xogo, unha invitación para atopar máis historias detrás de cada páxina.
 É unha das últimas novidades da biblioteca!

No hay comentarios: