Este é o 2º ano celebramos o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Ademais, a Unesco declarouno Ano internacional da Química, co obxectivo de concienciarnos da contribución desta ciencia ao benestar da humanidade. É por isto que o día 4 de novembro únense estas dúas celebracións.
Tamén no 2011 cumplense cen anos do Premio Nobel que lle foi outorgado a Marie Curie. Semella unha boa oportunidade para destacar o papel da muller na ciencia e así homenaxear a Marie Curie e a María Wonenburguer, unha matemática galega, da que podes saber máis cousas consultando neste enlace:
No colexio realizaremos actividades de aula e algunha conxunta relacionada coa química, o lume e a combustión en xeral e si o horario no lo permite, participaremos no obradoiro A máxia da robótica.
Podedes ter máis información premendo AQUÍ
Colaboran: AGAPEMA, APETEGA e ENCIGA, Cgendl Coordinadora Galega Endl, SGAPEIO, IGACIENCIA, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago, a Facultade de Química de Santiago, A Universidade de Vigo, o ILG, CIG-Ensino, STEG, NEG, AS-PG, A Mesa, Deputación de Lugo, Adega, Prolingua, Asociación de escritores en lingua galega, Queremos galego….
Votades a alguén en falta? Pois si, falta a Consellería de Educación, xa que este ano non celebra a Semana da Ciencia, a pesares diso, seguro que seremos moitos os centros que lle daremos continuidad e enfase a este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario