Estes días están chegando ás clases unhas cartas de Puca invitándonos a visitar a biblioteca. Polo verán estivemos de obras e reformas, invertindo parte do diñeiro do premio de Boas Prácticas do MEC. Baleiramos toda a biblio para poñer o chan de madeira, o carpinteiro fíxonos móbeis axeitados ao espazo e a altura do alumnado máis pequeno, pintamos de novo, distribuímos doutro xeito o espazo, estamos habilitando un recuncho para facer dramatizacións e teatro,...e por fin, despois duns retoques de urxencia esta mesma semana, podemos xa facer uso da biblio e disfrutar de todas estas melloras.
Así que o venres neste horario, faremos a inauguración oficial:
- 1ª e 2ª hora infantil
- 3ª hora 2º ciclo
- 4ª hora 1º ciclo
- 5ª hora 3º ciclo
Na biblioteca agárdannos algunha sorpresa e tamén as mochilas viaxeiras, para iniciar unha nova singladura.
Puca dinos nas cartas que ela estará ausente un tempo, non sabemos porque ¿ Irá de compras? ¿ Irá de vacacións? ¿ Porque falta Puca da biblioteca? Iso será outra sorpresa! De momento prometemos fotos coas novidades.
1 comentario:
Que nerviosssss!
Publicar un comentario