13 nov 2011

CONGRESO BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Asistín ao Congreso de Bibliotecas Escolares en Tánsito (BET) como coordinadora da biblioteca do meu colexio. Fomos invitados os centros de Galicia que pertencemos ao Plambe 1, 2 e 3 que  durante tres días convivimos con multitude de xente de toda España realacionada co mundo das bibliotecas, empapándonos de termos relacionados con ela:
aprender, disfrutar, ler, innovar, libros,espazos,alumnado,  escolar, experiencias, lecturas, proxectos, webs, ferramentas, materiais,aprendizaxe, colaboración, información, recursos, internet, traballo, dixital, actividade, competencias, diversidade, ...

Estas palabras que se repetiron moito ao longo do Congreso, dannos unha pista do que debe ser unha biblioteca escolar actual e. de todas as palabras e frases escoitadas, eu quedeime con esta idea que identifico coa nosa biblioteca:

  A biblioteca non é o espazo, é a actividade que en torno a ela se realiza.

As imaxes corresponden a conferencia inaugural a cargo de Constanza Mekis, Coordinadora Bibliotecas Escolares CRA de Chile,


Á  mesa de debate La biblioteca escolar y la competencia en información a cargo de Puerto Menéndez e Rosa Piquín e á Conferencia do escritor Víctor Freixanes.
Só me queda saúdar ás compañeiras e compañeiros que coñecín e agradecer ás asesoras Cristina e Pilar o seu traballo e esforzo pola organización deste congreso.
                                                                                                        María

No hay comentarios: