Aproveitando o Samaín, intentamos traballar o sentimento de MEDO con diferentes actividades nas que participou todo o alumnado de EI. Estas foron as seguintes:
Falamos en grupos de idade cales eran os nosos medos
Investigamos nas familias a que lle tiñan medo as mamás, papás, avós…
Preparamos unha aula na que descubriron elementos que normalmente se asocian cos medos: esqueletes, carautas monstruosas, pelucas de cores imposibles, sombreiros de bruxa…, cada neno elexía como disfrazarse e… A BAILAR!!!
Decoramos cabazas.
Seleccionamos. coa axuda do profe de música, algunha peza que nos dera medo en contraste con outras que nos transmitían alegría. Escoitamos, falamos…
Nun gran trozo de papel continuo no que xa estaban debuxados algún elementos asociados o medo e o Samaín cada neno foi debuxando o que quixo mentres soaba a nosa música de medo. Unha vez decorado todo o papel dispuñían de xiz de diferentes cores coas que pintaron por riba os seus debuxos e unha vez que a música deixou de ser de medo, estendemos coas mans a tiza por todo o espazo “borrando” todos os medos.
Coa música de fondo e en pequenos grupos cada neno debuxou usando as cores que lle inspiraba a música.
Merenda de Medo: elaboramos dedos con pan de molde queixo de untar e mermelada. Terribles pero… ricos
Ambientouse unha aula coas cabazas decoradas polos nenos nas distintas aulas e só coa luz das velas contamos un conto de medo.
Escribíronse en papel os medos de cada un para gardalos na Caixa dos Medos do colexio para poder queimalos o día do Magosto.
O SAMAIN DE INFANTIL on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario