O día 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego e cada curso de primaria preparou os seus experimentos para facelos e mostralos aos demais.
Como o tema era a combustión, a maioría tiñan que ver con ela: comprobar que materiais arden mellor ( madeira, mixtos, ferro,...). Con tres velas de diferentes tamaños ver cal se apaga primeiro si as tapamos cun tarro de cristal. Outros grupos reproduciron un volcán que entraba en erupción mezclando vinagre e bizcarbonato, outros lograron facer que un ovo semellase unha pelota de goma meténdoo en vinagre durante uns días. Os maiores de 6º convertíronse en investigadores para descubrir si os rotuladores estaban falsificados ou a súa cor era auténtica, para eso pintaron unha tiza que logo introduciron nun cacharro con auga e así vimos como se descompoñían algunhas cores...En fin que houbo un pouco de todo e para mostra, estas imaxes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario