Este curso estivemos inmersos na arte porque o proxecto que desenrolamos deulle continuidade ao do curso pasado, que tratou sobre a pintura. Vamos facer un pouco de memoria e dicir algunhas das actividades que se fixeron:
- Empezamos o Día das Bibliotecas cunha caza do tesouro, na que participou todo o colexio organizado por grupos, en torno ao artsita Paul Klee e o seu cadro 1914. Dela xa vos falamos no seu momento.
- Nas clases traballáronse diferentes pintores, analizando os seus cadros segundo o esquema elaborado no grupo de traballo e facendo fincapé nas habilidades de observación, de razonamento, sociais,emocionais.....Deste xeito estudiáronse obras de Paul Klee, de Barceló, de Mondrián,...O alumnado creou as súas, como podedes ver en entradas antigas do blog.
- Elaboramos un libro de cadros viaxeiro, para mandar ás familias, con oitenta obras de variados estilos e autores. Chamámolo "Cóntame un cadro", as familias elixen aqueles que máis lles gusten, os que máis lles suxiren...es escriben as súas sensacións e opinións.
- Montamos no corredor da entrada do colexio unha exposición, para nosoutros "gran exposición", con cadros cedidos por artistas da Mariña ou relacionados con ela: Adriana Pardo, Xoán Guerreiro, Xosé Vizoso, José Blanco, Celso Dourado, Francisco Amat, Hipólito Xeada, Aina Noguera e Mauro Leivas
- Convocamos un concurso de carteis entre o alumnado para difundir a exposición entre a comunidade educativa. Os debuxos finalistas pasaron a formar parte do folleto publicitario.
- Paralela a esta exposición, temos otra cos fondos de arte da biblioteca.
- Inauguramos o libro de visitas do colexio cos comentarios dos visitantes á exposición.
- A pintora Adriana Pardo fixo un obradoiro con todo o alumnado do colexio repartido en grupos, no que crearon pintura con diversos materiais ( ovos, fariña, cola, pigmentos de cor,...) e logo realizaron as súas composicións individuais e coelctivas.
- Temos previsto outro obradoiro con Xoán Guerreiro na segundo quincena de maio.
- Nas aulas do 2º e 3º ciclo traballarase a entrevista escrita e oral para obter datos dos autores da exposición.
- A seguinte actividade ben merece unha entrada ela sola, trátase da proposta de celebrar o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, pero diso xa vos falaremos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario