Ao correo do blog chegou esta proposta do colexio coa petición de que o difundamos entre os visitantes e seguidores do blog. Nós así o facemos agardando que sexades moitos os que vos sumedes a ela.
O CEIP DE CERVO. LUGO
Quere propoñerlle a
tódolos colexios que forman a comunidade educativa galega, a celebración do “DÍA
DA ARTE GALEGA NA ESCOLA”.
Esta proposta xorde no noso centro despois de traballar durante os dous
últimos anos, a través da reflexión no grupo da biblioteca escolar, a arte nas
súas distintas vertentes: pintura, volume, arquitectura,... e avaliar a
experiencia coma dun gran enriquecemento
para a nosa escola. Polo tanto animámosvos a sumarvos a esta iniciativa que,
sen lugar a dúbidas, resultará satisfactoria.
Eliximos o 25 de
maio como data da celebración, aínda que podía ser removible se nos
suxeriades unha alternativa fundamentada.
Xa tivemos unha
suxerencia para o 1 de xuño, porque era a data de nacemento de LUIS
SEOANE, e nos pareceu moi ben porque ademáis de ser un xenio das artes e
das letras é cofundador con Isaac Díaz Pardo da Cerámica de Sargadelos, que
temos ao noso lado e colabora connosco en cantidade de iniciativas educativas e
culturais. Polo tanto nós xa o pasamos este ano para o 1 de xuño.
A continuación, por se
vos serven, comentámosvos as actividades que sobre esta celebración fixemos ou
temos previsto facer. En todo caso, queda totalmente aberta á iniciativa de
cada centro o que, de seguro, enriquece a proposta inicial.
Este ano dedicámolo aos
pintores da nosa comarca. Trátase de dalos a coñecer ao noso alumnado. Para
iso,
-
Facemos unha exposición con cadros prestados polos
mesmos, durante uns días.
-
Facemos obradoiros, durante estes meses, coa
participación dalgún dos artistas.
-
Os artistas son invitados ao colexio o día da celebración
e proporémoslles elaborar entre todos un
cadro colectivo. Tamén, serán entrevistados polos alumnos maiores e, para iso,
están elaborando as entrevistas para cada un deles.
Outras posibilidades
que se nos ocorren son:
-
Pasar co alumnado e analizar os seus cadros.
-
Visitar museos do entorno.
-
Buscar a arte na vida cotiá: colexio, rúa...
-
Analizar un cadro empregando un esquema previo.
-
Facer prácticas co alumnado con distintas técnicas.
-
Aplicar a arte e obras artísticas nas aulas e no colexio:
normas, manteis,..
-
En xeral, abrir a escola ao arte e difundir esta
experiencia a toda a nosa comunidade escolar. Con visitas á exposición, libro
de visitas...
Esta celebración nace con idea de continuidade pois pretendemos, nos anos
sucesivos, introducir novas temáticas, distintas técnicas, pintores,
escultores...
Todo isto estará aberto ás suxestións, cambios e melloras que nos fagan
outros colexios, polo que agardamos que os que se sumen a este día nos manden
as súas iniciativas, as súas actividades para colocalas nun blog que
dedicaremos a ese día.
O noso correo electrónico é ceip.cervo@edu.xunta.es
e o noso blog da biblioteca, onde empezaremos a colocar os traballos que nos
vaian chegando, é bibliocervo.blogspot.com.
Agardando a colaboración de todos un saúdo galego dende Cervo.
Asdo: Xerardo López Enríquez.
2 comentarios:
Un proyecto muy interesante. A cercar el arte a la escuela y a los niños es una manera de educar, y por lo tanto, de formar y producir conocimiento. Felicidades por esta iniciativa.
Na Mariña, sempre á vangarda! Parabéns por esa magnífica iniciativa! Por se vos interesa, recentemente naceu unha asociación moi vinculada co que estades facendo, integrada por xente nova, con moita vontade de traballar:
http://aarteentransito.blogspot.com.es/
Maria
Publicar un comentario