5 nov 2012

AS CABAZAS MÁXICAS


No primeiro ciclo de primaria celebraron  un samaín lambeteiro, nada mellor que unhas ricas galletas para quitar o medo do corpo, vede, vede que cara se nos quedou despois de escoitar a historia das cabazas máxicas e ver ese meigo que nos fixo tremar aínda que algúns rían, sería de nervos??? 
E este é o conto  titulado  

AS CABAZAS MÁXICAS

Érase unha vez unha illa que lle chamaban
A illa Máxica”. Nela vivía un vello meigo e cada
día cultivaba a súa horta de cabazas máxicas.

Con ellas facía moitos conxuros e pócimas secretas, xa que eran máxicas.

Un grupo de nenos foron de excursión á Illa Máxica e por casualidade atoparon a cabana do meigo.

Empezaron a xogar coas súas pócemas e de súpeto convertíronse todos en: CABAZAS, MORCEGOS E FANTASMAS!!!!

Ao decatarse do que fixeran quedaron abraiados. Necesitaban unha pócema que fixera que volveran a ser nenos. Esa mesma noite, volveron á casa do meigo...

Cando xa estaban dentro puxéronse a buscar a pócema no chan daquela casa, máis o que menos agardaban era que o meigo puidese oílos, pero si, aí estaba o meigo con cara de poucos amigos mentres eles tremían de medo.

O meigo votounos a todos fóra da súa casa, pero un pideulle perdón e  rogoulle que os volvera a facer nenos. Nese momento o meigo veu a cara de medo que tiñan os rapaces e deulle a risa.

Entón dixo que si os perdoaba. Ó ver que eran nenos de novo déronlle as grazas e el convidounos a caramelos e outras lambetadas.

E colorín colorado, espero que vos houberades asustado.




No hay comentarios: