Nas dúas sesións da tarde o alumnado de segundo e terceiro ciclo, expuso o
traballo que preparou durante todo este mes da ciencia en galego, asiste todo o
alumnado do centro e a experiencia faise no patio central interior do centro,
pois algunha experiencia necesitaba facerse dende as alturas do primeiro andar.
Empezamos a sesión co alumnado de terceiro de primaria, que nos explicou
como escribir ao revés coma Leonardo, traen uns escritos feitos por eles e coa
axuda dun espello e sacando a compañeiros de outros cursos van comprobando no
espello que está correctamente escrito.
Logo o alumnado de cuarto de primaria empeza explicando o funcionamento das
pancas (Diego, Xoel e Saúl ) a través de aparellos que temos no colexio:
pinzas, tesoiras, taladradoras, grampadoras, cascanoces,… explican onde se
aplica a potencia, onde está o punto de apoio e a resistencia de cada unha e a
forza maior ou menor que hai que facer en cada unha pola distancia ao punto de
apoio.
Logo alumnas de cuarto (Laura, Lucía e Maite) explican o funcionamento das poleas,
o concepto de fixa e móbil e a forza necesaria en función do número de poleas
empregadas.
Logo Noé, Adrián e Yaiza explican o
funcionamento das dínamos das bicicletas (inventada por Leonardo de Vinci), e
dado que non tiñan medios suficientes para ver alumear coa dínamo, axudáronse
dunhas pilas e cable para acender unha pequena luciña e comparárona co
funcionamento dunha manivela aplicada a unha dínamo.
O grupo de Hugo, Amanda e Erika, ensináronnos o funcionamento das
engrenaxes, traen algún xogo da casa que as ten, e con estas moven unha porta
ou explican a diferente velocidade en función do máis ou menos grande que sexa
a engrenaxe.
Todo o alumnado de quinto de primaria trae papaventos e paracaídas feitos
en plástico. Explícannos cal foi o proceso da súa construción, os diferentes tamaños
de cadrados e de fíos, dos diferentes pesos que van levar colgados e logo soben
ao primeiro andar dende onde os van a ir lanzando para que poidamos comprobar
as distintas velocidades alcanzadas.
Os de sexto empezan construíndo dúas pontes seguindo o deseño de Leonardo da
Vinci, empregando en cada unha madeiros de distintas lonxitudes e grosores.
Unha vez rematadas fannos unha demostración da súa resistencia facéndolle pasar
por ela a unha nena de infantil e explícannos a súa utilidade na idade media
para as guerras pola súa facilidade en montar, desmontar e transportar.
Tres alumnas de sexto explican o funcionamento da ponte xiratoria (tamén
inventada por Leonardo), que se abre e se cerra para deixar pasalos barcos,
axudándose dunhas poleas e tornillos.
Logo explican o funcionamento do helicóptero do mesmo inventor.
Por último todo o alumnado de sexto, sobe ao primeiro andar, para dende alí
lanzar uns modelos de helicópteros de cartón, e podemos comprobar que uns xiran
deica un lado e outros ao outro en función da orientación do seu deseño e
comunícanlles a tódolos presentes que nos vindeiros días lles pasarán o modelo
para que todos e todas os poidan facer. Foi a apoteose final, pois recibiron
tódolos pequenos científicos un impresionante aplauso de tódolos asistentes!
Si queredes ver máis fotos, premede AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario