8 nov 2012

PARABÉNS PARA O CLAUSTRO E AS NENAS E NENOS

Trasladamos ao alumnado e ao claustro do Ceip de Cervo os parabéns recibidos polas actividades do Día da Ciencia de Igaciencia e da Cgendl Coordinadora Galega Endl.
Copiamos as palabras de Manuel Díaz Regueiro:

"Só con ver o estupendo traballo das profes e dos profes do Ceip de Cervo e os seus marabillosos rapaces e raparigas podemos concluir que tanto a Ciencia como o Galego teñen futuro."

Nós pasamos unha tarde moi moi  entretida e aprendemos moitísimas cousas sobre Leonardo da Vinci e os seus inventos. Estamos ilusionados coa idea de participar no IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro ano. Agardaremos as novas de Igaciencia  para iniciar a preparación.  Parabéns a esta asociación polo acerto na promoción desta data.

Poñemos un enlace por si queredes ver máis imaxes deste día. Premede  no seguinte titular:


No hay comentarios: