25 dic 2012

BÓ NADAL A TOD@S!

Os días previos ao Nadal o corredor da entrada encheuse de paquetiños con xoguetes que o alumnado trouxo da súa casa para que unha asociación reparta entre familias con dificultades económicas. Tamén se espuxeron as follas de acivro que decoraron e personalizaron nas casas os nenos e nenas coa axuda das familias. Da gusto ver o corredor con tanto colorido e tantos regalos!

 E para despedir o trimestre, o último día antes das vacacións, xuntámonos todos para cantar  panxoliñas e intercambiar os agasallos do AMIGO INVISIBLE. As nenas e nenos  fixeron postais para o amigo ou amiga que lles tocou no sorteo, logo depositárona no buzón ata que chegou o momento de abrila. Algúns xa sabían quen eran os seus amigos/as invisibles, pero aínda así a emoción foi grande.
E como se portaron ben e traballaron moito durante este trimestre, PUCA tiña preparado uns agasallos. Aproveitou para  comunicarlle a algunha profe que esperaba todos  seguiran sendo tan bos e estudosos como ata agora.
GRAZAS, PUCA polos teus consellos e agasallos, BO NADAL tamén para ti!

                       

No hay comentarios: