28 dic 2012

NON QUERO SER UN POLBO!




O alumnado de sexto de primaria preparou este libro tan fermoso para facer de contacontos para os nenos e nenas de infantil do noso centro.  Trátase dun polbo que non lle gustaba como era, que soñaba con traballar no circo do mar e que tiña envexa do fermosos que eran os outros peixes. Gustaríalle ser de variadas cores, enviar un chorro de auga tan grande como as baleas, cun nariz coma o peixe espada,… sen embargo el tiña tantos brazos que o único que lle facían era desenvolverse con moitas dificultades … ata que nunha ocasión aparece un gran tabeirón e no canto de escapar, sóltalle a súa tinta, e faino desaparecer … Descobre así que pode facer maxia, será o gran mago Polbini!, xa está contento de poder seguir sendo un polbo.
O alumnado fixo tódolos peixiños que aparecen no conto, coloreounos, recortounos e plastificounos, finalmente púxolle uns cartóns para manexalos como monicreques e mentres unha alumna ía narrando o conto, os demais compañeir@s manexaron os seus peixiños por encima do mar azul para ledicia do alumnado de infantil. Ao final repartiron a súa obra entre o alumnado e quitáronse unha foto con eles para a posteridade. Foi un traballo moi interesante, pois ademais da plástica fixeron teatro, lectura coa entoación adecuada e algún ensaio que para eles sempre é mellor que clases dalgunha outra materia. 

 

No hay comentarios: