22 ene 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA



                       
Do blog Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares copiamos esta entrada referida ao nomeamento de Fina Casalderrey como numeraria da RAG:
    

"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"

A nosa biblioteca quere mandarlle os parabéns a esta escritora que nos visitou xa fai tempo, cando aínda non formabamos parte da familia do PLAMBE, pero xa dabamos pasiños cara a el.
Lembro de maneira especial como nos emocionamos todos os presentes na charla, nenos e mestres, cando nos contou o argumento do seu libro " Eu son eu" , sobre o alzheimer, que daquelas estaba a piques de publicar...
Sentímonos moi honrados de lembrarte e de enviarche unha aperta dende Cervo!

1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Esta foi a resposta que recibimos de Fina ás nosas felicitacións:

Moitas grazas, compañeiras e compañeiros do ensino. As vosas palabras son as que máis me agariman por dentro.
Apertas
Fina