Os nenos e nenas de
infantil visitaron a Puca para coñecer un montón de cousiñas sobre a nosa
biblioteca. Logo de ver un vídeo moi interesante realizaron diferentes actividades de formación de usuarios: xogos de "pódese/non se pode", localización de obxectos da biblioteca, descubrimento do carné de usuarios... incluso os máis maiores comezaron a usalo para poder gozar de todos os contos que Puca ten especialmente para eles... si, si, os da PEGATINA VERMELLA!!!
Aprenderon moito, e os de 3 anos aproveitaron para sacar a súa primeira foto con Puca!!!
1 comentario:
Moi ben o pasaron os nenos e nenas... e parece que Puca tamén quedou contentísma coas visitas!!! Moi chulis as fotos!!! :)
Publicar un comentario