“A
vaca do Níxer quere comer, a vaca do Níxer auga quere beber, porque
leite quere dar e os nenos e nenas do seu país poder alimentar”
Os
nenos e nenas de infantil prepararon moi ben a súa carreira
solidaria, e non só con estiramentos e probas de resistencia!!!
A
continuación veredes como, de maneira creativa e traballando en
grupo, coñeceron a realidade do Nixer, partindo do material
didáctico que “Save the Children” propoñía para esta etapa.
Todos
querían saber como era a vexetación, os animais, as casas, a roupa,
os alimentos... parecíase Nixer a Cervo? En moitas cousas si,
pero... que lle pasaba á vaca do Nixer? Que precisaba para dar
leite?
Logo
dunha interesante investigación, fixeron un mural colectivo coa axuda das familias. De seguro que as mamás e papás
tamén aprenderon un montón de cousas sobre o a vaca do Nixer...
(IX
Carreira Solidaria “Quilómetros de Solidariedade” - Save the
Children)
No hay comentarios:
Publicar un comentario