21 feb 2013

HAS DE CANTAR

Durante todo o curso a gran poetisa ROSALÍA DE CASTRO está presente na biblioteca e por suposto, nas aulas, pero mañá vai estar dunha maneira especial ao adiantar a conmemoración do  seu día, o 24 de febreiro.  
Xuntarémonos pola tarde na biblioteca para ver unha presentación sobre ela e recitar poemas seus. Logo, o luns nas aulas seguiremos realizando  máis actividades.
Fixemos unha recompilación cos recursos que as diferentes bibliotecas escolares elaboraron para lembrar a Rosalía. A todas elas agradecemos o seu traballo e bon facer!


Recursos para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 
( tamén os podes atopar na dereita do blog)

No hay comentarios: