|
Puca, co seu disfraz |
Esta semana pasámola a tope, coas consignas, a festa da auga, vestidos de antroidos... e por fin a festa final: hoxe tocou lucir os espectaculares disfraces elaborados nos obradoiros que se organizaron para este fin. E preguntarédesvos de que nos disfrazamos, pois como este curso estamos traballando no proxecto " A arte que nos rodea" adicado á escultura, eliximos este tema. Así os cursos de infantil foron de espantallos; os de 1º ciclo de estatuas dos oscars; os de 2º e 3º ciclo elixiron entre ir de totems, de tetrix e de estatuas da liberdade. E os profes? Eles elixiron a figura da menina de Sargadelos e foron moi "moninos" cos seus disfraces e tocados. O resultado foi moi vistoso, con moito colorido e humor e o máis importante e que o pasamos xenial facéndoo e aprendendo un montón de cousas sobre o antroido, os totems, a historia da estatua da liberdade e ata descubrimos que Sargadelos tamén ten a figura dun espantallo!
Aquí podedes ver imaxes destes dias, agardamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario