Da semana da Paz pasamos a do Antroido. Puca vai aproveitar o fin de semana para equiparse e de seguro que nos dará unha sorpresa! De momento deixounos este cartaz para que nos lembremos das consignas e actividades que imos ter:
- O luns traeremos algo no pescozo e o martes, na cabeza.
- O mércores é o día de correr a auga, vente preparado para mollarte!
- O xoves podedes vir disfrazados de antroidos, con roupa vella, como che de a gana que para eso é o antroido!
- O venres faremos o desfile por Cervo adiante ata a praza do Souto cos disfraces que estamos facendo nos obradoiros. Este curso traballamos nun proxecto sobre a escultura e iremos de "algo" relacionado con ese tema, pero non o desvelamos para que sexa unha sorpresa! Só dicimos que temos moito traballo aínda por facer,así que nos agarda unha semana moi axetreada.
Invitamos ás familias a pasar con nós a tarde do venres e participar nas actividades do Antroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario