24 feb 2013

CANTÁMOSLLE A ROSALÍA

O venres 22 de febreiro en BIBLIOCERVO tamén lembramos a ROSALÍA de CASTRO. Pola tarde xuntámonos na biblioteca, vimos unha presentación sobre esta autora que nos contaba cousas da súa vida e obra, oímos poemas musicalizados, fixemos "galeoque" coa canción "Un repoludo gaiteiro" e por último recitamos poemas. Aproveitamos para estrear a nova gravadora que mercamos para a biblio, así que proximamente vos ofreceremos as gravacións.
A semana que empeza mañá seguiremos facendo máis actividades nas aulas, de momento temos estas imaxes, agardamos que vos gusten!!


No hay comentarios: