Tivemos unha sesión moi, moi amorosa e divertida na biblio, porque os participantes no concurso de redacción "Cartas de Amor "e de debuxo "Ti a quen queres máis?" ensináronnos os seus traballos e comprobamos que a calidade mellorou moito dende o 1º concurso.
O Equipo da biblioteca tívoo moi difícil para seleccionar os gañadores, pero ao final decidíu premiar os debuxos de Mara de 1º e Helena de 2º; as cartas de Noé, Ulmo, Lucía de 4º, Carolina de 5º e Mar de 6º.
Nos debuxos había mamás, mascotas, compañeiras da clase, Puca...As cartas ían dirixidas ao saxofón, ao sofá, ás golosinas, ás mascotas, á piragua, ao ordenador, ...
No apartado de adultos, o premio levouno a profe Ana pola carta ao seu aspirador "Braulio".
Agardamos que no vindeiro concurso os que se quedaron sen participar se animen e así poidan levar unha amorosa piruleta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario