As nenas e nenos
do 1º Ciclo visitaron a Panadería da Costa. Alí fixeron pan de maneira
totalmente artesanal, e o mellor de todo, trouxeron un riquísimo boliño para
merendar.
Aquí tedes a
receita por se algún de vós se anima a facer pan na casa:
RECEITA DO PAN DA
COSTA
-
Un quilo de fariña
-
600 ml. de auga
-
20 gramos de sal
-
100 gramos de fermento.
Como facelo? Moi
sinxelo... mesturamos todos os ingredientes, amásanse moi ben e deixamos que
levede a masa durante media hora. A continuación facemos os boliños, con moita
paciencia e cariño e cócense no forno a 200 grados durante 45 minutos.
E tanto lles
gustou esta visita que ao chegar ao cole fixeron unhas adiviñas, nas que o
protagonista era, como non podía ser de outra maneira: O PAN!
Branco por
dentro,
Tostado por fóra
Quen adiviñe o
que é,
O proba!
Con chourizo ou
mortadela
Sempre o merenda
Manuela.
Auga, fariña, sal
e fermento
Pero moito mellor
Con chocolate
dentro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario