20 mar 2013

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: APADRIÑA UNHA POESÍA



Si, si, que chega a primavera e tamén están chegando ao cole os primeiros traballos que as familias elaboraron sobre a poesía e iso que  fai pouquiño que lles fixemos esta fermosa e primaveral proposta. . Trátase de escribir unha poesía nun modelo que lles enviamos en forma de pétalo e ilustrala  cun traballo plástico. Con todos os pétalos recibidos montaremos un xardín de flores no colexio e logo,  participaremos nunha exposición na Casa do Concello de Viveiro, en colaboración con máis  bibliotecas da Mariña.

A esta actividade chamámoslle UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: APADRIÑA UNHA POESÍA e con ela  esperamos  apadriñar un feixe de  poesías, hai de plazo ata o 3 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa!
GRAZAS POR COLABORAR! Un saúdo do equipo da biblioteca!

Por certo, AQUÍ tedes poemas en galego e tamén en SON DE POETAS

No hay comentarios: