24 abr. 2013

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O día 23 de abril, Día do libro, fixemos unha actividade moi bonita, emocionante e divertida: lémoslles aos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo uns contos que estivemos preparando días antes. Estes foron algúns dos contos elixidos: Paco Papán, A Cebra Camila, Os Bolechas, A Bruxa Regañadentes, Teo, e moitos máis.
Como o fixemos tan ben, tivemos uns regaliños feitos polos  nosos afillados e afilladas: uns orixinais marca páxinas e uns colgantes.
Aínda que tivemos moitos nervios, desexamos que pase rápido outro ano e que logo volva a ser o 
DÍA DO LIBRO.
                               OS PADRIÑOS E MADRIÑAS DO COLE DE CERVO



No hay comentarios: