19 abr 2013

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS

Despois de moitos días de frío e chuvia, por fin chegou a primavera ao cole de Cervo. Uns raíños de sol nos  fermosos pétalos de poesías fixeron maxia para convertir o corredor da entrada nun colorido xardín con  flores cargadas de  anduriñas, bolboretas, largatos, barcos, montañas, ríos, ras, sapos e corazóns grandes, grandes! Coma os das familias, que con tanta delicadeza e cariño  apadriñaron estas fermosas poesías.
A todas elas  MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR e compartir con nós  traballos tan fermosos!


No hay comentarios: