10 abr 2013

CARTA DE PUCA!


Ás aulas de 2º e 3º ciclo acaba de chegar  unha carta de Puca anunciando as actividades que imos ter neste mes de abril. Pero Puca non se esqueceu das nenas e nenos de infantil e 1º ciclo, posto que a eles tamén lles escribíu outra carta parecida  a esta, pero coas actividades adaptadas a eles:


"Cervo, 9   de abril de 2013
Ola rapazas e rapaces!
Xa chegaron ás miñas grandes orellas as queixas de que ultimamente vos escribía pouco, así que vou compensalo contándovos un montón de cousas, porque na primavera a biblioteca énchese de actividades en torno á lectura e aos  libros.
Para empezar, o mércores ás doce invítovos a que veñades ensinar os traballos e ler as fermosas poesías da actividade UNHA PRIMAVERA DE POEMAS.
O día 23 celebraremos o DÍA DO LIBRO e como ven sendo habitual nestes últimos anos, faremos OS APADRIÑAMENTOS LECTORES, así que logo faremos o sorteo para ver a quen vos toca  apadriñar e lerlle un conto.
Na semana esa, do 22 de abril, faremos a exposición de LIBROS ESPECIALES con aqueles libros que traiades da casa e que para vosoutros son especiais por algo: porque vos gusta moito, porque volo regalaron nunha data significativa, porque ten unhas ilustracións moi fermosas, porque volo lían cando erades pequenos; En fin, cada un ten uns motivos diferentes para elixir un libro como “especial”.
O xoves 25 no recreo, haberá un maratón de lectura do libro O PRINCIPIÑO do escritor francés   Antoine de Saint-Exupéry, do que se cumpre 70 anos da súa publicación. Para  participar só tes que apuntarte nunha lista que se vai poñer na cortiza da biblioteca. A orde de lectura será pola orden na que vos apuntedes,  así que animádevos e participade todos, haber si batemos o record!
E para rematar, un concurso de carteis para anunciar o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, que este ano será o 4 de xuño e estará adicado á escultura, pero desto xa vos mandarei máis información, de momento vamos centrarnos na celebración do Día do Libro.
Que vos parece, queriades cartas? Pois aquí vos vai unha ben completiña, chea de propostas e actividades que agardo vos gusten e participedes nelas.
Unha aperta de lecturas:    Puca  "        

Pois nada,  a disfrutar con estas actividades  e lembrade que nesta imaxe, na dereita do blogue,  atoparedes unha selección de recursos das BE para traballar en torno ao libro e tamén AQUÍ

                                                

No hay comentarios: