10 abr. 2013

PÉTALOS DE POEMAS

Hoxe xuntámonos na biblio para ver  os pétalos  tan fermosos que fixeron as nenas e nenos coa axuda das súas familias. Pétalos cheos de poemas, debuxos, collages, ...a cal máis orixinal.
Lemos as poesías elixidas, de autores tales como Rosalía de Castro, Manuel María, Marica Campo, Lorca, Alberti, Miguel Hernández, Becquer, Gloria Fuertes...E algunhas creacións propias do alumnado.
Estamos facendo a montaxe das flores, cando rematemos xa veredes que artistadas!



No hay comentarios: