3 abr 2013

XORNALISTAS POR UN DÍA

Antes das vacacións de Semana Santa o alumnado de 2º e 3º ciclo fixo unha saída a Burela para visitar a exposición de BANDA DESEXADA organizada pola biblioteca do IES O Perdouro de Burela. Tamén   estiveron na Delegación do xornal EL PROGRESO.
 Esta saída estaba programada para complementar o traballo sobre a arte  e en particular a escultura, dentro do proxecto que temos este curso A ARTE QUE NOS RODEA. Hai que dicir que se  mostraron  moi interesados ante os variopintos personaxes de banda deseñada, paneis e diferentes obras de arte da exposición permanente da Casa da Cultura de Burela.
Na visita ao PROGRESO elaboraron unha páxina do xornal con diferentes novas da súa creación e fixeron preguntas sobre dúbidas que tiñan. Ampliaron así, o traballo da Semana da Prensa iniciado na aula. Como di o refrán: mataron dous paxaros dun tiro! E voltaron ao cole moi contentos coa súa páxina do xornal impresa e moitas ganas de facer banda deseñada para participar no próximo concurso; por certo, neste houbo premio para unha nena do cole, trátase de Carmela de 5º curso, a quen aproveitamos para darlle a noraboa!

No hay comentarios: