30 may 2013

A ARTE QUE NOS RODEA.DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Xa sabedes que o proxecto da biblioteca deste curso titulábase A ARTE QUE NOS RODEA e que estivo centrado no traballo do volume e en concreto, da escultura.Pois ben, estámos chegando ao remate e de aquí a fin de curso temos aínda pendentes unha serie de actividades moi interesantes, tal como unha exposición de artistas da zona:
         Juan Puchades Quilis, de Mondoñedo,con dúas obras: “Florasio”, en bronce e “Grito en el vacío”, unha cabeza de ferro.
·         Hipólito Xeada, de Alfoz, con dúas obras escultóricas: “Atletas” en madeira e outra sen nome, en resina.
·         Ernesto González Torterolo, de Mondoñedo, con tres obras:”No souto da escultura”,”Buguina” ( en lembranza de Man) e “Ventos novos”.
·         Otero Regal, Viveiro. Dúas obras:”Homenaxe a Guernica” en cerámica e refractario e “Eros e Tánatos” en bronce a cera perdida.
·         Quique Guerra, de San Cibrao, dúas obras escultóricas:”Dormilón” en pedra e “Columna claveteada”.
·         Chus Lage, ceramista en Mondoñedo, varias obras: “Llamas en refractario, metal e arxila vermella e “Composición” en arxila vermella e no torno.
·         Lucía Catuxo, ceramista con obradoiro en Trabada. Varias pezas de cerámica.
·         Estéfano Gudín, con taller en Cervo, dúas pezas escultóricas en cerámica, unha plana e outra unha cabeza de persoa en volume.
·         Daniel Caxigueiro, con obradoiro en San Martiño (Foz), dúas obras: unha serie “O rapto da paisaxe” e outra serie “O noso mar”, ámbalas dúas en refractario.
·         José Ramón Ferreira Otero, de Rúa- Cervo.Catro pezas de escultura e artesanía en madeira.
·         Manuel Miranda Ruíz, de Riocobo-Cervo, varias pezas de reproducións arqueolóxicas.
·         Pilar Rei Teixeiro, Foz, unha obra:”Os pensadores”modelado a man con arxila vemella.
·         Xosé Blanco López, de Alfoz, varias pezas de cerámica co nome de “Cogumelos”.
·         Neira Broch, de Viveiro, con dúas pezas de vidro sen nome.


Todas estas obras pódense  ver no colexio dende o 22 de maio ata o 26 de xuño, en horario escolar. Ademais están expostos os carteis do concurso que fixo o alumnado para anunciar a exposición.
O día 4 de xuño celebraremos o DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, coa presencia de varios dos anteriores artistas que realizarán algún traballo "en vivo e en directo". 
Estades todos invitados ao colexio de Cervo para celebrar con nós este gran día en apoio ao arte galego!

2 comentarios:

Encarna dijo...

Fantástica exposición!!!
Nós tamén andivemos a voltas coa pintura "As cores de Galicia" e precisamente o vindeiro curso estabamos pensando en escultura. Xa vos pediremos consello.
Parabéns!!!

MESTURAS dijo...

Mágoa que estamos un pouco lonxe. María. Encantaríanos visitar a exposición.