Esta una entrada moi especial para todo o
cole…
Para celebrar o día das letras galegas fixemos
moitas actividades, entre elas unhas “pezas únicas” que consistían nun poema
orixinal e ilustrado elaborado polos nenos e nenas do cole.
Estas pezas convertéronse en agasallos que
varias tendas de Sargadelos (Cervo, Viveiro, Lugo, Santiago de Compostela e
Mondoñedo) ofreceron aos seus clientes o 17 de Maio.
A nosa idea era que chegaran moi lonxe, e as
persoas que as adquirirán nos enviasen as súas impresións… a verdade é que
esperábamos alguna resposta, pero cando nos chegou este correo non puidemos
máis que quedar abraiados e compartir con todos esta boa nova.
Os poemas dos nenos e nenas de Cervo chegaron
ata Bangladesh.
José Manuel Rodríguez Noceda, enxeñeiro de Foz, enviounos unas
fotos coa súa peza única que chegou ata este lonxano país… estamos moi
emocionados e agradecémoslle a José Manuel que nos escribise e nos falase da súa
vida en Bangladesh.
2 comentarios:
Vero: Que fermosa entrada!!!! a verdade é que estas cousiñas alégranlle o día a calquera :)
Noraboa aos nenos e nenas de Cervo!!
Fermosísima a actividade. Noraboa!
Publicar un comentario