O pasado xoves tivemoso o acto de clausura da exposición "Unha primavera de poemas", en Viveiro. Durante os días que estivo aberta sucedéronse as actuacións dos centros participantes e no último, os encargados de actuar foron as nenas e nenos do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, dirixidos pola súa profesora Marta Pérez. Interpretaron "Has de cantar" de Rosalía de Castro e outras varias cancións populares.
Con esta xornada poñemos fin a esta exposición, na que o Colexio de Cervo participou por primeira vez, e na que esperamos participar en vindeiros cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario