22 may 2013

XA TEMOS DE NOVO MEDIADORAS E MEDIADORES DE CONFLITOS!!





Dende o pasado luns, xa temos de novo “Mediadoras e Mediadores de Conflitos”.
Logo de realizar un “Obradoiro de Mediación Escolar”, as alumnas e alumnos de 6ª de Primaria están xa preparados para comezar esta importante labor.
Un ano máis, serán os encargados de axudar aos seus compañeiros e compañeiras a buscar solucións aos conflitos que poidan xurdir no tempo de lecer. Todos están moi animados e concienciados para levar a cabo esta labor tan importante. Estamos seguros de que o farán moi moi ben!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vero: Seguro que o están facendo máis que ben!!! Noraboa :)