29 may 2013

DENDE CERVO ATA BANGLADESH

Esta una entrada moi especial para todo o cole…
Para celebrar o día das letras galegas fixemos moitas actividades, entre elas unhas “pezas únicas” que consistían nun poema orixinal e ilustrado elaborado polos nenos e nenas do cole.

Estas pezas convertéronse en agasallos que varias tendas de Sargadelos (Cervo, Viveiro, Lugo, Santiago de Compostela e Mondoñedo) ofreceron aos seus clientes o 17 de Maio.

A nosa idea era que chegaran moi lonxe, e as persoas que as adquirirán nos enviasen as súas impresións… a verdade é que esperábamos alguna resposta, pero cando nos chegou este correo non puidemos máis que quedar abraiados e compartir con todos esta boa nova.

Os poemas dos nenos e nenas de Cervo chegaron ata Bangladesh.

José Manuel Rodríguez Noceda, enxeñeiro de Foz, enviounos unas fotos coa súa peza única que chegou ata este lonxano país… estamos moi emocionados e agradecémoslle a José Manuel que nos escribise e nos falase da súa vida en Bangladesh.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vero: Que fermosa entrada!!!! a verdade é que estas cousiñas alégranlle o día a calquera :)
Noraboa aos nenos e nenas de Cervo!!

A Fada Acaramelada dijo...

Fermosísima a actividade. Noraboa!