Celebramos no salón de plenos do Concello de Cervo o FESTIVAL FIN DE CURSO. O programa foi moi variado e entretido: O alumnado de 5º e 6º fixo unha exhibición de Acrosport,Os de infantil 4 e 5 anos representaron a canción "A vaca marela", Os de infantil de 3 anos dramatizaron a canción "Imos contar un conto", O alumnado de 4º representou o conto "A partes iguais", os de 1º ciclo fixeron un remexo de cancións do verán. Despois destas actuacións, tivemos un pequeno descanso para sortear unha figura de Sargadelos e un xornal escolar NIN QUITO, NIN POÑO, en cor. Despois continuaron os de 3º coa interpretación da canción "Vai o gato metido nun saco", os de 4º e 5º co Rock da Lingua, os de 5º cun Rap do Cole e para rematar, os de 6º co baile final "Party Shaker".
Como podedes ver nas imaxes, tivemos moito baile e moitas cancións. Máis adiante iremos subindo ao blogue algún vídeo destas actuacións. Noraboa aos artistas polo ben que o fixeron!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario