18 jun 2013

O ROCK DA NOSA LINGUA

Como o prometido é débeda, Puca traballou moito para preparar este estupendo vídeo da interpretación do ROCK da LINGUA, polo alumnado de 4º e 5º, xunto co profesor de música, Manuel, creador desta peza musical para celebrar As Letras Galegas.
Esta é a letra:
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente?
Din que o rock está a piques de empezar!!

De ordes á Capela,
de Tui a Fisterra,
de Foz ata Cedeira
o galego queremos escoitar!!

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
quen non sabe aprende,
a nosa lingua
queremos celebrar!!


                               

No hay comentarios: