11 oct 2013

APRENDENDO A FACER "CÚPULAS XEODÉSICAS"






 O 4 de novembro celébrase o  DIA DA CIENCIA EN GALEGO, que este ano está adicado a  Richard Buckminster Fuller, Florence Nightingale e a o noso Isaac Díaz Pardo .  Para preparar esta celebración, o profesorado do Ceip de Cervo estivo aprendendo a facer cúpulas xeodésicas imitando  o modelo de Fuller, coa axuda do profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, Ramón Mariño Allegue. 
Foi unha actividade  organizada por IGACIENCIA, institución que traballa "a prol da ciencia  galega e do galego na ciencia", como ben di na presentación da súa páxina web, que podedes consultar premendo no nome.

Comenzamos cunha pequena introdución teórica e rematamos facendo cúpulas en equipo. Para que? Pois se queremos construír un invernadoiro, unha pequena caseta, un lugar para gardar animais …, de forma económica, con poucos materiais e que sexan materiais repetidos para facelos con facilidade.

As cúpulas xeodésicas permiten cubrir grandes superficies a través de estruturas estables e pouco pesadas. Unha cúpula xeodésica non é máis que unha triangulación da superficie esférica.

O poliedro de partida, utilizado no obradoiro que fixemos en Cervo, foi o icosaedro. En España existe unha cúpula xeodésica no Museo de Salvador Dalí en Figueres, sendo o propio pintor quen decidiu a súa colocación atraído polas estruturas de Fuller.

Despois da parte teórica o relator, xa nos traía moito traballo feito, as palliñas cortadas á medida,  xa perforadas nos extremos, os encadernadores que farían de enlace delas,… e incluso o debuxo das distintas cúpulas que íamos facer empregando diferentes cores para ver que palliñas usar. Polo tanto, estaba todo axeitado para ter logo éxito e saímos todos moi contentos da experiencia. Agora temos que practicar co alumnado!

No hay comentarios: