20 oct 2013

VISITAMOS A CERÁMICA DE SARGADELOS



O xoves desta semana as nenas e nenos do 2º ciclo visitamos a Cerámica de Sargadelos para ver como elaboran as pezas de Sargadelos. E por que estamos interesados neste proceso? Pois queremos enterarnos ben para preparar as actividades do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, que como sabedes, este ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo.
Nosoutros queriamos saber como fan as pezas, como as decoran, que formas usan...e aló fomos, andando, un dia de sol magnífico... Alí tivemos unha visita guiada, onde unha traballadora da fábrica nos explicou o proceso, que é moi laborioso e moi artesanal, porque fan todo a man. Estivemos falando coas mamás que traballan alí e con moitas veciñas e coñecidas do pobo.Logo visitamos a galería onde están á venda as pezas, vaixelas, xogos de café, etc. e de novo, volta ao colexio.
Agora vamos intentar facer algunha obra, inspirándonos no que aprendemos nesta visita, que por certo, foi a 1ª deste curso. Como nos gustou tanto, agardamos facer moitas máis e así poder aprender un feixe de cousas novas!

No hay comentarios: