O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín.E dicimos festa porque a xornada foi moi, pero que moi festeira. Pola mañá lemos na biblioteca uns menús arrepiantes que elaboramos para a ocasión, aproveitando que o proxecto deste curso vai sobre alimentos e cociña.
En 1º ciclo traballaron sobre o libro SACAPENAS, de Anthony Browne e elaboraron os seus sacapenas.
En 1º ciclo traballaron sobre o libro SACAPENAS, de Anthony Browne e elaboraron os seus sacapenas.
Tamén na biblio, vimos a película HOTEL TRANSYLVANIA. Pero pola tarde...as clases convertéronse en obradoiros de cociña para elaborar terroríficas arañas e ensanguentadas momias que logo degustamos, dando boa conta delas na merenda.
A todo isto dicir que pola semana houbo moitas sorpresas polo cole: portas decoradas con todo tipo de arañas, morcegos, vampiros, bruxas, cabazas decoradas, personaxes medorentos...Pero disto xa vos informaremos noutra entrada. Agora gozade con esta presentación!

1 comentario:
Vese que no noso cole traballa todo o mundo.
Noe5
Publicar un comentario