Este mes estamos preparando as actividades do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. O alumnado de 2º ciclo está traballando sobre un dos homenaxeados este ano: Isaac Díaz Pardo.
Para iso visitaron a Cerámica de Sargadelos, profundizaron na biografía do seu fundador, estudiaron as formas das pezas e a orixe e decoraron as súas orixinais obras.
E aínda non rematamos o traballo! O día 4 é o Día da Ciencia en Galego, pero nosoutros non temos cole, así que celebrarémolo o día 6 cunha posta en común das actividades realizadas por todos os cursos. Ata entón, deixámosvos un pequeno avance.
No hay comentarios:
Publicar un comentario