"Siempre parece imposible hasta que se hace" "En mi modesta medida, he cumplido con mi deber con mi país y con mi pueblo" "El arma más potente no es la violencia sino hablar con la gente" " Si quieres hacer las paces con tu enemigo, tienes que trabajar con el, entonces se hará tu compañero"
Enterámonos da morte de Nelson Mandela disfrutando da ponte da Constitución. O home do eterno sorriso deixounos despois de loitar pola liberdade do seu pobo ata lograr cambiar a historia de Sudáfrica. Buscando a reconciliación entre blancos e negros foi c ondenado á cadea perpetua, onde cumplíu 27 anos realizando traballos forzados nas minas de sal. Os líderes mundiales, artistas, músicos...pediron a súa liberdade. Cando síu da cadea, perdoou aos que condenaron para demostrar que era posible unha convivencia pacífica en Sudáfrica, sobre a que se asentase un sistema democrático. Estes días por todo o mundo, blancos e negros choran a morte do home máis respetado do planeta: MADIBA, como lle chamaban no seu país polo título honorífico que os ancians do clan Mandela lle otorgaron.
Seguro que nas clases faremos actividades para coñecer máis a este personaxe, aproveitando a celebración do Día dos Dereitos Humanos o 10 de decembro ou tal vez polo Día da Paz. Polo de agora, podemos visualizar a película INVICTUS que conta como foron os primeiros anos vividos en Sudáfrica trala abolición do aparthei, despois de que Mandela fose posto en liberdade e chegase a ser presidente deste país.
Tamén recomendamos este documental:E neste enlace podedes atopar máis recursos para traballar na clase: EL PRESO 466/64
E neste hai un especial do xornal EL MUNDO
Agradecemolle a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias que compartise con todos a imaxen que encabeza a entrada e a biblioteca BLOGUESQUÍO esta presentación sobre Mandela. A todos moitas gracias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario