6 dic 2013

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA


 
As profes membros do equipo da biblioteca estiveron realizando actividades de formación de usuarios durante o pasado mes de novembro. Segundo o calendario establecido, cada curso recibíu unhas sesións de formación de usuarios moi instructivas e divertidas, ao mesmo tempo.
 Os maiores  aprenderon a consultar o CATÁLOGO da biblioteca e  na web a través do programa MEIGA e os recursos que poden atopar con só empregar o carnet de lector: enciclopedias, bibliotecas virtuais, comentarios de libros...
Outra actividade que se fixo foi  "En busca do libro perdido" que consistía en buscar uns libros determinados seguindo unhas pistas.O obxectivo era afondar no coñecemento da margarida da CDU, etiquetas dos libros, información que nos da a portada, etc.
Tamén se traballaron as normas da biblioteca, a súa distribución, o criterio de colocación dos libros...En fin, unhas actividades moi necesarias para coñecer ben a nosa biblio e aproveitar os recursos que nos ofrece, que son moitos!

No hay comentarios: