21 dic 2013

NADAL NO COLE

Como ven sendo habitual polo Nadal, as familias decoraron un motivo elixido no colexio, para logo facer unha gran exposición con todos os traballos recibidos. Este ano o deseño que se escolleu foi o dunhas zocas. Os traballos recibidos foron moitos e moi variados, hainas de cartón, tela, escaiola, madeira, papel...decoradas con borras de café, cortiza, serrín, purpurina, virutas, lentellas, macarróns..., en fin! Mellor que as vexades e así podedes comprobar que as familias do colexio de Cervo día a día se superan en creatividade! 



No colexio estivemos moi activos preparando o Nadal. Cada un fixo a súa bolsiña decorada con motivos navideños. Tamén fixemos unha postal para o noso amigo ou amiga invisible que metemos nunha bolsa, sen saber para quen ía. 
O venres pola mañá tivemos a visita de Papá Noel polas clases. Veu cun saco moi grande cargadiño de agasallos para todos. Logo xuntámonos para cantar as panxoliñas que preparamos co profe de música. Ademais, este Nadal estreamos unha moi fermosa que compuxo Manuel.
Cando rematamos, as profes de infantil  fóronnos chamando para recoller a nosa bolsa e ver a postal do amigo/a invisible. Foi moi emocionante ver como os máis pequeniños tiñan postais dos grandes e ao revés!
Pero non remataron aí as sorpresas, posto que na bolsa tamén ía o folleto de lecturas recomendadas que Puca nos mandou e unha bolsa de larpeiradas de Nadal!
Despois dunha mañá tan emocionante, preparámonos para ir ao comedor e logo marchar para a casa, moi contentos a gozar dunhas merecidas vacacións!


Dende o Equipo da Biblioteca queremos darlles as grazas a todos por participar e desexamos  un BO NADAL a todos, tamén a cantos len e seguen este blog.

No hay comentarios: