Xa está cerca a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ e no cole andamos a preparar as actividades que se van a realizar. Un ano máis colaboraremos coa ONG SAVE THE CHILDREN na carreira QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. Nas aulas lembraremos ao recentementre falecido NELSON MANDELA, para iso botaremos man dos recursos que recompilamos na rede e que comparten con nós outras bibliotecas; por exemplo, unha web quest que nos chega do Ceip Condesa de Fenosa sobre Nelson Mandela.
Durante a semana da Paz o alumando repartirá...
E como este curso o proxecto trata de alimentos, de cociña e de recetas, a biblioteca fará un concurso que titulamos COCIÑANDO EN VALORES. Trátase de que o alumando participe escribindo recetas para fomentar os valores: tarta de compañerismo, flan de amizade, caldo de alegría, macedonia de solidariedade...
Durante a semana da Paz, o alumando levará unhas tarxetas para agasallar "valores": sorrisos, apertas, axuda, xogos, bicos...De xeito que aqueles que o necesiten,poderán pedir que lles den unha aperta, que xoguen con eles, que lles sorrían, etc.

E para rematar, traballaremos nas clases cun folleto que logo mandaremos ás familias, con frases de Mandela e imaxes de libros e pelis sobre este personaxe que tanto contribuíu a que no mundo medrase a PAZ.
E aquí unhas cuestións para a semana da Paz!
Cuestionario paz 2014 from maria
Rematamos lembrándovos que podedes atopar estes e moitos máis recursos na páxina do blog en EDUCACIÓN EN VALORES: Coeducacion, Paz, Convivencia...
Rematamos lembrándovos que podedes atopar estes e moitos máis recursos na páxina do blog en EDUCACIÓN EN VALORES: Coeducacion, Paz, Convivencia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario