26 feb 2014

MURAIS POR ROSALÍA

O luns 24 xuntamonos na biblioteca para lembrar a  Rosalía de Castro. Vimos unha presentación da súa vida e obra, escoitamos e cantamos algún dos seus poemas   e logo fixemos grupos, sete en total, cos nenos e nenas mesturados dos cursos de 3º ata 6º de priamaria. Como eramos tantos, tivemos que ocupar o corredor que está ao lado da biblio para traballar. E en que fixemos? Pois cada grupo elixíu un poema do libro que lle tocou consultar, logo escribírono e fixéronlle unha  ilustración. Por último, presentaron o seu traballo aos demais e recitaron o poema. Como non rematamos nunha sesión, onte volvemos para dar fin aos murais que agora están expostos no corredor da entrada ao colexio.
Para lembrar este día a biblioteca e o EDNL fixeron uns marcadores e chapas para repartir entre o alumnado, coa condición de que tiñan que lerlle o poema do marcador a alguén de fóra do cole. A imaxe deste marcador foi sacada da UD ROSALÍA DE CASTRO, elaborada por OS POEMAS DO RÍO, que tamén se traballou nas aulas.
Ah! Aclararvos que temos unhas pintas un pouco raras, porque ao mesmo tempo que lembramos a Rosalía, andamos celebrando o Antroido e onte tocaba ir de "horteras"!


No hay comentarios: