Como este curso estamos traballando nun proxecto sobre a cociña e os alimentos, no antroido as nenas e nenos de infantil transformáronse nuns expertos cociñeiros que elaboraron un menú moi, pero que moi da terra. Necesitaron a axuda dos profes para anunciar os seus pratos. E os demais nenos e nenas ? Pois lede e mirade as imaxes: cada curso foi caracterizado dun prato: latas de conserva, bonito,ovos fritos, cocido e queixo con mel. Todo feito con productos do país, os mesmos que están a traballar no proxecto global A despensa das lecturas.
MENÚ DE ANTROIDO!
1 comentario:
Encántame todo o traballo que facedes no cole: sodes artistas!! Parabéns ás nenas e nenos de Cervo e por suposto ás profas e profes. Un bico grande.
Publicar un comentario