"O último mes estivemos no club de lectura do noso cole lendo un libro moi fermoso “NATA E CHOCOLATE”, a min como mestre gustoume moito porque trata da resolución dun conflito de acoso nun cole, que a través dun tratamento moi adecuado por parte da nova mestra de lingua se resolve moi positivamente, por isto e porque está cheo de actuacións moi positivas: estímulos positivos para mellorar a autoestima, aprender a estar contento co que se ten, o enfrontamento dos problemas e non mirar para outro lado, o tratamento da discapacidade a través de facer bo o que se ten, a importancia da axuda dos demais para a nosa realización, o aprender a poñerse na situación dos demais para entendelos, a valentía para defender aos compañeiros cando ven inxustizas e a diferenza entre ser unha mala persoa e unha mala compañeira. En definitiva que o profesorado ten neste libro unha chea de aprendizaxes para mellorar a nosa pedagoxía de resolución de conflitos.
Amanda
de 5º dinos: “Gustoume moitísimo
porque fala do acoso que a verdade é que son moi comúns e case
nunca lle damos importancia. Aprendín que nos momentos difíciles
sempre necesitas o apoio de alguén para seguir adiante. E que por
culpa de nenos e nenas coma Lola non poden disfrutar do cole e da
educación como se merecen, e que hai que agradecer á xente que
sempre está aí para botarche unha man”.
Laura
García de 5: “Gustoume moito porque
axuda a comprender que todos temos algúns problemas e é moi
interesante. Se ves unha inxustiza hai que axudar a corrixila e non
quedarse de brazos cruzados vendo como hai persoas que están
sufrindo seriamente. Hai que expresar todo o que se sinte e
enfrontarse ao que non che pareza xusto”.
Erika
Villarquide de 5º: “Gustoume como
Sonia mostrou á súa valentía ao final con Lola. Tu tamén tes que
ter valentía e non ter medo do resto porque non se aguanta que se
metan contigo e non poidas facer nada”.
Lucía
Peña de 5º: “Gustoume moitísimo
porque aínda que Lola se ría de Sonia ao final todas volven a ser
amigas. Aínda que unha persoa teña unha enfermidade non hai porque
burlarse dela. Non hai que facer tódalas cousas que che mandan cando
estas non son adecuadas”.
Yaiza
Ramada de 5º: “Gustoume moitísimo
polas redaccións tan fermosas que fai Sonia e polas súas amizades.
Non debemos burlarnos da xente polas súa forma de ser ou polo seu
físico”.
Maite
de 5º di: “Gustoume moitísimo é moi
interesante e imaxinativo. Sonia é moi tímida, Inés é moi
atrevida ao cambiar a situación, Lola é un pouco mandona e todos a
seguen pero o libro está moi ben, Xan é moi bo e gustoume o seu
personaxe”.
Sabela
de 6º di: “gustoume moito porque é
interesante e bonito, aprendín que non hai que abusar da xente e non
ser tan mal@.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario