Hai uns días Marta, a mamá de Irene, unha alumna de 6º de infantil, visitou o cole para facer un obradoiro moi moi doce.
A quen non lle gusta un cupcake para a merenda!
Pois a todos nós, vaia se nos gustan... tanto, que quixemos aprender a decorar estes saborosos pasteliños. Marta, trouxo á escola un montón de trebellos de cociña, pero para poder usalos tan ben coma ela, é necesario ter moita paciencia e facelo con moito cariño. Nós gozamos moito con este obradoiro e pensamos que os nosos "cupcakes" quedaron de marabilla!
Moitas gracias Marta, agardamos que o pasaras tan ben coma nós!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario