E por fin chegou o momento tan esperado! Os padriños e madriñas acolleron aos afillados e afilladas para buscar un recunchiño e lerlles os libros elixidos con tanto esmero e coidado. Aínda que lucía o sol, facía un pouquiño de brisa e a maioría elixiu o pavillón como escenario da lectura. Coma cada ano, a experiencia foi marabilloso. Pola tarde, os pequeniños pasaron polas clases dos maiores para entregarlles os agasallos que lles fixeron: marca páxinas, puntos de lectura e portalapis con forma de madalenas, tiñan que ser así despois de estar traballando os alimentos e a cociña!
FELIZ DÍA DO LIBRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario