21 may 2014

CON PAULA CARBALLEIRA NA BIBLIOTECA


A biblioteca estes días ferve coas actividades e que temos nela, pois si xa vos comentamos a recente visita de Alfredo Gómez Cerdá, hoxe tivemos a sorte e privilexio de ter con nós a PAULA CARBALLEIRA coa que falamos do seu libro CASAS. Contounos as historias das casas protagonistas do libro, como era a súa casa ideal, os seus gatos...Fixémoslle preguntas,  e ao final, contounos un conto de medooooooo!!!
Nós tiñámoslle un agasallo preparado: un libro de ilustracións das casas onde non faltaba a casa nido, a casa de acollida, a casa abandonada, a casa con piscina...Tamén lle mostramos as casiñas que as nenas e nenos de 3º tiñan feitas.
 Moitas grazas, Paula, por estar con nós esta mañá, quédanos un recordo de ti imborrable!!!!



No hay comentarios: