20 may. 2014

VISITA DE LUXO NA BIBLIOTECA: ALFREDO GÓMEZ CERDÁ


Estivo con nós Alfredo Gómez Cerdá. Reuniuse co alumnado de 2º e 3º ciclo, falaron dos libros que leron,  El mago del paso subterráneo, La jefa de la banda e doutros relatos e anécdotas deste autor. As nenas e nenos fixéronlle ademais, preguntas relacionadas co proxecto A Despensa das Lecturas. Deste xeito enterámonos de que lle gustan moito os bocadillos de xamón, de queixo..., que de pequeno merendaba bocatas e que na súa casa cociña el. E para rematar, as nenas e nenos recomendáronlle que probase o bonito de Burela, o alimento sobre o que fixeron o seu traballo e entregáronlle un libro con debuxos e comentarios feito por eles.
Quedamos encantados e con ganas de ler máis libros deste autor que escribe historias tan  realistas! 

No hay comentarios: